"Recóllote pros novos que veñen con forza, pros que ainda no marcou a malla d'argola, pros que saben que ti poder ser outra cousa, pros que saben que o home pode ser outra cousa".
|
||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||
Fotos , texto y Diseño: Peruchela FEIRA ETNOGRAFICA E DE ARTESANIA DO INCIO O FERRO 04/09/2011 Este pasado domingo dia 4 de setembro poidemos ver os que acudimos ao Incio, unha feira con maioria de artesáns da contorna cos seus productos típicos e orixinalmente únicos. Mel, queixos e licores, brindáronse aos asistentes para degustación e venta así como obxetos decorativos ( mesas, reloxos, tallas en madeira, zocos é obxetos en pel ). Ás doce da mañá houbo fiandón do liño e da lá. O liño, colleitado nestas aldeas do interior galego ata fai 100 anos recolle no INCIO as derradeiras imaxes de mulleres galegas que aínda saben de este "arte". Para este evento de mostra pública voltaron a sembrar e a recolectar as donas que aparecen no retrato do marxen dereito. Tamén aparece unha imaxe, dun antigo aparrello que se usaba para peitealo. Con liño ou con lá facíase a única roupa que había daquela. Pero o FERRO é sen dúbida o protagonista desta feria . Por 3ª vez amosáronse públicamente en exposición as ferramentas de traballo e labouras tradicionais que se facían antes nunha casa de labregos. Tamén se rendiu homenaxe ao oficio dos ferreiros, con demostración en vivo da artesanía do FERRO incluíndo o ferrado de cabalos por D. José Miguel Rego.
A demostración en VIVO que por parte dos veciños tivo lugar representou a perfección unha época que ainda non lonxana no tempo non garda relación coa vida actual das aldeas galegas. A Lareira co pote do caldo, o leite mazado ou o pote do cocido para a ceba dos cochos os leitos e as antigas planchas de ferro. Pero non foi todo, houbo unha exposición temática das augas do balneario do Incio, do traxe tradicional, xogos para nenos, animación a cargo da charanga Madialeva de Sarria e ata concurso de baile. Como dice a Letanía de Galicia de Uxío Novoneyra "Recóllote pros novos que veñen con forza, pros que ainda no marcou a malla d'argola, pros que saben que ti poder ser outra cousa, pros que saben que o home pode ser outra cousa". |
|
© Peruchela 2005-2015. Se permite el uso no lucrativo de los materiales de esta Web citando su origen. |